martes, 20 de febrero de 2018

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO.

Punto de partida

A necesidade no IES Pedra da Auga de crear unha comunidade educativa solvente nestes dous aspectos:
  • Conseguir un desenvolvemento pleno  da competencia básica: "Tratamento da información e competencia dixital" 
  • Respecto da propiedade intelectual e accesibilidade web nas publicacións.
levounos a desenvolver un proxecto dun ano. Este proxecto deixa como resultado da súa andaina un curso completo de formación para todos os membros da comunidade educativa, está ubicado na aula virtual do centro. É un paquete IMS chamado ALFIN_DIXITAL. Este paquete IMS permite aprender e saber aplicar de forma axeitada todos os recursos que os rapaces e rapazas do proxecto: CLEPSIDRA. A Sacra Orde do Alfin, precisaron para cumplir os seus obxectivos.

Clepsidra. A Sacra Orde do ALfin

Este proxecto presenta o deseño e coordinación dun programa de alfabetización informacional, vinculado co currículo escolar, sendo o núcleo a biblioteca, contexto no que se fomenta a procura da información e o traballo intelectual. Un proxecto interdisciplinar que implica o manexo dos recursos informativos e un completo traballo de investigación documental, para fomentar o pensamento crítico e proporcionar os medios para aprender a aprender. Os proxectos documentais son instrumentos para estimular a aprendizaxe da investigación, desde a autonomía, para a resolución de problemas. Para aprender a investigar hai que partir dun problema concreto, non se pode facer de forma abstracta. O problema concreto que se propón para aprender a investigar é o deseño dunha clepsidra, buscando satisfacer as seguintes inquietudes:
  • Creación dunha comunidade de aprendizaxe en SocialWire, unha plataforma deseñada para dar soporte á aprendizaxe formal e informal, apoiándose no traballo e a comunicación en grupo. A súa función é apoiar a xestión do coñecemento e do talento a través da gamificación. Cada alumno e alumna xerará e completará o seu propio PLE e PLN usando: Feedly, Diigo, Pinterest, Dropbox...etc..para desenvolver as habilidades propias do alfabetizado informacionalmente, aprendendo á súa vez a respectar a propiedade intelectual e a accesibilidade web, asi como a facer referencias webgráficas con zotero, quedando todo plasmado nun blogue do proxecto.
  • Creación do modelo matemático como introdución ás ecuacións diferenciais, para que a velocidade de descenso do nivel de líquido sexa constante.
  • Deseño da clepsidra, en relación co modelo matemático, e a súa materialización a través dunha impresora 3D.
  • Sensorización utilizando ultrasonidos, un circuíto electrónico, e unha placa controladora, para a comprobación empírica da constancia da velocidade de descenso do nivel de líquido na clepsidra.
  • Monitoraxe en tempo real do proceso de enchido e baleirado, almacenando as velocidades de descenso do nivel de líquido para a súa posterior presentación gráfica.
  •  Desenvolvemento dunha simulación do proceso de baleirado dunha clepsidra usando javascript e o API Canvas de HTML5.
  • Creación dunha aplicación móbil con App Inventor para o control da bomba de enchido da clepsidra, así como a monitoraxe dos datos: velocidade de descenso do nivel de auga, tempo e distancia do nivel de líquido ao sensor de ultrasonidos.
  • Presentación pública dos resultados a través dunha teatralización e unha película.
  • Aprender a calcular o tempo de baleirado dunha semiesfera chea de auga, para completar a aproximación ao mundo das ecuacións diferenciais.
  Ao longo do proxecto dotamos ao alumnado de competencias e habilidades, e da formación necesaria para investigar e resolver problemas. As competencias e habilidades son:
  • Determinar a necesidade de información.
  • Acceder á información.
  • Seleccionar a información.
  • Usar a información.
  • Comunicar a información.
A formación necesaria inclúe:
  • Formación de usuarios e usuarias  de biblioteca e información.
  • Alfabetización dixital.
  • Capacidades de comprensión e reelaboración da información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.