martes, 20 de febrero de 2018

MODELO E VINCULACIÓN CURRICULAR

Modelo e vinculación curricular

O proxecto pódese desenvolver integramente no contexto das materias do departamento de tecnoloxía, co apoio da biblioteca. É un proxecto aberto á participación de toda a comunidade educativa, e ao resto de departamentos didácticos.

 Modelo 

O modelo que se asume para cada tarefa deste proxecto documental é o Big6, trata de sistematizar a solución de problemas de información apoiándose no pensamento crítico. O seu eixo central é fomentar a capacidade de manipular a información para lograr solucións significativas. É un modelo de seis etapas.
  1. Definición da tarefa para realizar. Enfocar. Cal é o problema?
  2. Estratexias para buscar información. Planear a procura. Como debo buscar?
  3. Localización e acceso. Clasificar. Que obtiven?
  4. Uso da información. Seleccionar. Que é o importante?
  5. Síntese. Sintetizar e producir.Como encaixan xuntos?.A quen vai dirixido?
  6. Avaliación. Avaliar, reflexionar. E entón, que aprendín?

Vinculación curricular 

  Imos tratar a vinculación curricular en función dos apartados que desrrollan o proxecto.

Modelo matemático

 En relación co modelo da clepsidra e o cálculo de baleirado dunha    semiesfera, no bloque "Procesos, métodos e actitudes en matemáticas" segundo de bacharelato aparece:
  • Contidos. Planificación e realización de proxectos e investigacións matemáticas a partir de contextos da realidade ou do mundo das matemáticas, de forma individual ou colectiva.
  • Criterios de avaliación. Planificar adecuadamente o proceso de investigación, tendo en conta o contexto no que se desenvolve o problema exposto.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Coñece a estrutura do proceso de investigación matemática, CMCCT. Planifica adecuadamente o proceso de investigación, CSIEE, CMCCT. Profunda na resolución de problemas, CMCCT.

Simulación informática do modelo 

Usanso javascript e o API Canvas de HTML5 créase unha simulación das clepsidras. No bloque "Procesos, métodos e actitudes en matemáticas" de segundo de bacharelato aparece:
  •   Contidos. Deseño de simulacións e elaboración de predicións sobre situacións matemáticas diversas.
  • Criterios de avaliación. Empregar as ferramentas tecnolóxicas adecuadas, de forma autónoma, realizando cálculos numéricos, algebráicos ou estatísticos, facendo representacións gráficas, recreando situacións matemáticas mediante simulacións con sentido crítico.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Utiliza medios tecnolóxicos para facer representacións gráficas, extraendo información cuantitativa e cualitativa sobre elas. CMCCT.
No bloque sobre programación, no curso de primeiro de bacharelato, en TIC I, aparece:
  • Contidos. Uso de estruturas de control: operadores, condicións, bloques e estruturas de repetición.
  • Criterios de avaliación. Analizar e resolver problemas de tratamento de información, dividíndoos en subproblemas e definindo algoritmos que os resolven.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Escribe programas que inclúen bucles de programación para solucionar problemas que impliquen a división dun conxunto en partes máis pequenas, CD, CMCCT, CAA, CSIEE.

Control con arduino e impresión 3D 

En terceiro da ESO no bloque "Máquinas e sistemas: electricidade, electrónica e control", aparece:
  • Contidos. Sistemas de control por computador. Elementos básicos de programación.
  • Criterios de avaliación. Deseñar, montar e programar un sistema sinxelo de control.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Elabora un programa informático que xestione o funcionamento dun sistema de control, CMCCT,CD, CAA, CSIEE.
En cuarto da ESO no bloque sobre Electrónica:
  • Contidos. O computador como elemento de programación e control. Linguaxes básicas de programación. Aplicación de cartóns controladores en experimentación con prototipos deseñados.
  • Criterios de avaliación. Desenvolver un programa para controlar un sistema automático ou un robot e o seu funcionamento de forma autónoma.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Desenvolve un programa para controlar un sistema automático ou un robot que funcione de forma autónoma en función da realimentación que recibe do contorno, CMCCT,CD, CAA, CSIEE.
Na materia Tecnoloxía industrial I de primeiro de bachilerato:
  • Contidos. Sistemas automáticos de control: compoñentes básicos. Criterios de avaliación. Deseñar, construír e programar un sistema robotizado cuxo funcionamento solucione un problema determinado.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Deseña, constrúe e programa un sistema automático ou robot con actuadores e os sensores necesarios, para que o seu funcionamento solucione un problema determinado, CMCCT,CD, CAA, CSIEE.
En segundo e terceiro da ESO no bloque Proceso de resolución de procesos tecnolóxicos:
  • Deseño de prototipos ou maquetas para resolver problemas técnicos.
  • Criterios de avaliación. Identificar e describir as etapas necesarias para a creación dun produto tecnolóxico.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Deseña un prototipo que de solución a un problema técnico sinxelo, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos, CCL, CMCCT,CD , CAA,CSC, CSIEE, CCEC.
Na materia de TIC II de segundo de bacharelato:
  • Contidos. Estruturas de almacenamento de datos. Tipos de datos. Variables, vectores e matrices. Listas, pilas e colas.
  • Criterios de avaliación. Describir as estruturas de almacenamento e analizar as caracterisiticas de cada unha.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Explica as estruturas de almacenamento para diferentes aplicacións tendo en conta as súas caracteristicas,CD, CMCT, CCL. 

Contexto histórico 

En relación co contexto histórico e a orixe das clepsidras, en primeiro da ESO na materia Xeografia e Historia:
  • Contidos. Idade Antiga. Historia de Exipto.
  • Criterios de avaliación. Explicar as etapas en que se divide a historia de Exipto.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Describe as características das etapas que se divide Exipto, CSC, CCL.
  •  Contidos. Mundo clásico: Grecia.
  • Criterios de avaliación. Entender a transcendencia da colonización.
  • Estándares de aprendizaxe e competencias. Localiza nun mapa as colonias gregas do Mediterraneo, CSC, CAA. 

Presentación pública teatralizada

En todas as materias de Lingua Castelá e Literatura hai dous bloques: Comunicación oral: escoitar e falar, e comunicación escrita: ler e escribir. Igualmente ocorre coa Lingua Galega. Todos o alumnado de todos os cursos teñen xustificado curricularmente escribir unha obra de teatro e presentala publicamente, e facer unha película.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.