Mostrando entradas con la etiqueta Conclusións matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conclusións matemáticas. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de marzo de 2018

Tempo de vaciado dunha semiesfera.

Tempo de vaciado da semiesfera.

O aprendido no desenvolvemento matemático  da cleosidra serve para facer cálculos como o tempo de vaciado dunha semiesfera. Aprendemos novamente a sumar empregando o cálculo de segundo de bacharelato.

Desenvolvemento da tarefa.

Supongamos que tenemos una semiesfera llena de agua.

Simón. Semiesfera. CC-BY-SA
Nun instante de tempo determinado o nivel de líquido atoparase a unha altura $y$ sobre o eixo de abscisas. Nese instante a velocidade de saída de líquido polo buraco de evacuación é $\sqrt{2gy}$. Se este buraco ten un radio $r$, o volume de líquido evacuado nun tempo moi pequeno $dt$ será: 

$\pi r^{²} \sqrt{2gy}  dt$

Sabemos que se cumpre a seguinte relación, chamando ao radio R = 5cm:

$(R-y)^{²}+x^{²}=R^{²}$ 

de esta ecuación obtemos:

$x=\sqrt{2Ry-y^{²}}$

no transcurso do pequeno tempo $ dt$ o nivel de líquido descenderá unha altura moi pequena, $ dy$. O volume de líquido que se corresponde con ese descenso do nivel é:

$\pi (2Ry-y^{²}) dy$ 

O volume de líquido  da expresión:  $\pi r^{²} \sqrt{2gy}  dt $   é igual ao volume de líquido que se corresponde co da expresión: $\pi (2Ry-y^{²}) dy$  , por tanto:

 $\pi r² \sqrt{2gy} dt=\pi (2Ry-y²) dy$

Para a nosa altura de líquido $y$, nun cambio de tempo $dt$ o nivel de líquido descende $dy$. A variable $y$, $dt$ e $dy$ relaciónanse a través da ecuación diferencial: $\pi r^{²} \sqrt{2gy} dt=\pi (2Ry-y^{²}) dy$. Buscamos calcular o tempo de evacuación de todo o líquido contido na semiesfera. Na  ecuación  $\pi r^{²} \sqrt{2gy} dt=\pi (2Ry-y^{²}) dy$ despexamos $dt$:

$dt=\frac{\pi (2Ry-y^{²})}{\pi r^{²} \sqrt{2gy}}dy$

Esta ecuación dános o tempo dun pequeno descenso de nivel $dy$, partindo dunha altura da auga sobre o eixo de abscisas de valor $y$. Se tuviesemos unha expresión: $dt=\frac{\pi (2Ry-y^{²})}{\pi r^{²} \sqrt{2gy}}dy$  para cada valor de $y$, partindo dun tempo cero ata o tempo de baleirado, e as sumásemos membro a membro todas, teríamos o tempo de baleirado, que sería a suma de todos os $dt$ que se corresponden con cada altura. Ese tempo sería igual á suma de todos os produtos $\frac{\pi (2 Ry-y^{²})}{\pi r^{²} \sqrt{2 gy}} dy$, un para cada altura. A suma de todos eses pequenos tempos, un para cada altura, que representa cada un o descenso no nivel de líquido $dy$ exprésase así:
$\int_{0}^{T}dt$ 

Os números 0 e T representan o valor inicial e final do tempo. O mesmo valor obtemos a través da outra suma:

 $\int_{0}^{R} \frac{\pi (2Ry-y^{²})}{\pi r^{²} \sqrt{2gy}}dy$

O valor inicial de $y$ é 0, e logo de baleirarse a clepsidra o valor de $y$ será R, na suma consideramos que a $y$ increméntase cara abaixo. As operacións que  apréndense a calcular en segundo de bacharelato. Imos resolvelas:

$\int_{0}^{T} dt=T$ 
$\int_{0}^{R} \frac{\pi (2Ry-y^{²})}{\pi r^{²} \sqrt{2gy}}dy=\frac{1}{r^{²} \sqrt{2g}}\left[\int_{0}^{R} 2Ry^{\frac{1}{2}}dy-\int_{0}^{R} y^{\frac{3}{2}}dy\right]=\frac{14 R^{\frac{5}{2}}}{15 r^{²} \sqrt{2g}}$

O tempo de baleirado da semiesfera é:

$T=\frac{14 R^{\frac{5}{2}}}{15 r^{²} \sqrt{2g}}$