domingo, 25 de marzo de 2018

Aplicación móvil. App Inventor

Aplicación móvil. App Inventor.

Utilizando o IDE App Inventor, creamos unha aplicación móbil que nos permitirá accionar a bomba de auga, e monitorar as variables que se relacionan co funcionamento da clepsidra dende unha tablet ou dispositivo android. Imos describir os pasos máis importantes do desenvolvemento. O deseño da interface gráfica da aplicación apréciase na seguinte imaxe. Se non a ves ben fai click na imaxe.

Simón. Deseño. CC-BY-SA


Na seguinte pantalla de App Inventor desenvolvemos a programación do comportamento dos compoñentes que forman parte da nosa interface gráfica. Conseguímolo arrastrando os bloques e uníendolos de forma correcta:

Simón. Programación. CC-BY-SA



imos ver para que serve cada un.

Con esta parte do código inicializamos a screen1.

Simón. Screen1. CC-BY-SA

 Asignamos o listpicker os elementos que nos proporciona o cliente de bluetooth.

Simón. BeforePicking. CC-BY-SA

Conéctase o bluetooth e poñense nas etiquetas a información de conexión o desconexión según o caso.

Simón. AfterPicking. CC-BY-SA
Inicializamos as dúas variables do bucle principal para os datos, e o seu almacenamento nunha lista.

SImón. Variables. CC-BY-SA
Neste bloque temos o bucle principal, no que se asignan ás etiquetas os valores que proceden via bluetooth en relación co descenso do líquido: o tempo transcorrido, a velocidade de descenso do nivel de auga, a distancia ao sensor de ultrasonidos etc...

Simón. Bucle principal. CC-BY-SA
Nestes dous bloques temos os eventos click dos botóns da App, o de desconexión e o de iniciar o enchido da clepsidra que emprega o número 7.

Simón. Eventos click. CC-BY-SA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.